Recordade pinchar sobre os títulos das publicacións ou en "Ler máis" para acceder a todas as imaxes e á información completa.

venres, 23 de xuño de 2017

O noso bosque das estacións!!!

Esta semana daba comezo o verán a última estación que estudamos. Por iso realizamos unha manualidade das 4 estacións!
Para realizala aproveitamos uns botóns que nos facilitou a familia de ICÍA. Moitas grazas!!!
Na manualidade repasamos as diferenzas entre as estacións e plásmámolas coas cores que formos traballando asociadas ás mesmas.

 O noso bosque!!!

sábado, 17 de xuño de 2017

Un día máxico!!!!

O pasado mércores 14 de xuño tivemos unha saída a un concerto didáctico sobre maxia!!!! Nos días anteriores fixemos un repaso dalgunhas pezas que íamos oír e paramos especialmente en Harry Potter e Fantasía de Disney.

Estivo moi ben e gustounos moito!!!

Logo na clase retomamos un dos vídeos de Harry Potter que nos gustou especialmente.

Visto o vídeo pintamos nas nosas frontes a cicatriz de Harry Potter e xogamos coas nosas variñas máxicas converténdonos en distintos animais! Foi un gran día!


sábado, 3 de xuño de 2017

Saída de 4º de infantil!!!!

Este venres saimos de excursión os nenos de 4º de infantil e pasámolo xenial!
Visitamos o Centro de Interpretación Terras do Miño, situado no paseo do río Rato en Lugo. Alí, faláronnos da importancia de manter un entorno limpo e coidado no que animais e plantas poidan vivir sans e felices.
Coñecemos unha chea de animais que viven na área do Río Miño e xogamos ás adiviñas cun xogo de luces e audicións a escuras.
Rematada esta visita demos unha volta polo paseo do Río Rato atendendo ós arredores para tentar atopar algún dos animais dos que nos falaron. Vimos moitas ras, paxariños, unha lagarta e unha casiña de paxaros nunha árbore!
De volta no Centro de Interpretación mostráronnos un vídeo cunha canción moi chula sobre o coidado da contorna natural.
Cando rematamos xa tiñamos moitísima fame e montamos no bus para ir  un parque xenial no que merendamos e xogamos un bo cacho.

As mestras sentímonos moi orgullosas de todos polo ben que se portaron, o que atenderon e cómo xogaron todos xuntos. Sen dúbida unha experiencia xenial!!!

Déixovos unha montaxe resumo da experiencia. Podedes ampliar na esquina superior dereita e regular a calidade na rodiña de abaixo.
Boa fin de semana a todos!

sábado, 20 de maio de 2017

Letras Galegas 2017!!!


Este ano 2017 as Letras Galegas homenaxean a Carlos Casares. Por esta razón achegámonos a algunhas das súas obras, como "A galiña azul" e "Lolo anda en bicicleta".  
Tivemos unha exposición adicada a Carlos Casares e as Lendas Galegas que se estiveron a traballar no noso centro ó longo deste curso. 
En infantil decoramos un fermoso mural de Carlos Casares entre todos. Ademais desfrutamos da actuación dos alumnos das clases de pandereta. Fixérono xenial!!!


luns, 15 de maio de 2017

DÍA DA FAMILIA!!!

Hoxe 15 de maio celebramos o Día da Familia e quixemos preparar un recordo para levar á casa. Primeiro debuxamos a nosa familia (papis e irmáns). Logo preparamos a casiña: contamos 5 paus, pintámolos coas cores que máis nos gustaban, puxemos pegadas prateadas con bastoncillos das orellas e para rematar pegámolos facendo a forma dunha casiña. 
Agardamos que vos guste o regaliño, xa que, como vos puxemos na etiqueta, está "Feito a man con amor"! Deixamos unha forte aperta para todas as familias neste día tan especial!







xoves, 4 de maio de 2017

Día do Libro!

Este ano conmemoramos o Día do Libro confeccionando unhas manualidades nas que plasmamos varios poemas de GLORIA FUERTES, autora que estamos a traballar este ano.
En 3 anos traballamos o poema "Cómo dibujar una bruja", que escollemos en relación ó proxecto de Malos de Conto. Recollemos nun libriño o poema, e baixo o sombreiro e o caldeiro agachamos algunhas cousas típicas das bruxas.
En 4 anos traballaron o poema "Cómo dibujar un gato", en relación o seu proxecto sobre Exipto e por ser o gato unha elemento destacado na cultura exipcia. Con este poema foi co que máis nos rimos!
E os alumnos de 5 anos traballaron o poema "Cómo dibujar un castillo". Eles están a coñecer multitude de monumentos e edificacións no seu proxecto da Volta o Mundo.

Tamén decoramos uns marcapáxinas de Carlos Casares, o homenaxeado este ano para as Letras Galegas 2017.


xoves, 27 de abril de 2017

PRIMAVERA!

Comezamos este trimestre vestindo a nosa clase para a  PRIMAVERA e quedou moi ben, nótase o que traballaron duro.
Preparamos un mural de primavera moi chulo. Para facer a árbore de primavera engurraron e pegaron papel crepe violeta. Logo plasmaron as súas mans con distintas cores a modo de flores ou follas da árbore.
Ademais fixeron uns paxariños fermosos. Pintaron con témpera rosa o corpo e con laranxa as patiñas. Cortaron as ás  en papel estampado con moito coidado. Pegaron os olliños e papel estampado para facer das plumas da barrigola. Quedaron moi curriños!
Por último dictáronme a palabra "PRIMAVERA" e logo colocamos as letras mentres buscaban palabras coas letras que íbamos pegando sobre a árbore.

Tamén preparamos unhas bolboretas que penduramos na clase. Decoramos e picamos as súas ás. Pegamos papel celofán laranxa, decoramos con rotus de cores as pinzas que fan de corpo e pegamos todo. Quedaron estupendas!

luns, 17 de abril de 2017

Fin da 2ª avaliación!




O último día de cole foi moi especial. Comezamos cun concerto xenial impartido polos profesores da Escola de Música de Outeiro, Rábade e Begonte. Desfrutamos de cancións infantís  e éxitos do momento ademais de poder ver de cerca diversos instrumentos, aprender de que están feitos e escoitar o seu son.

Xa na aula comentamos o concerto e merendamos.
Logo do recreo falamos da estación na que estamos e dos elementos que a compoñen. Falamos do tempo, das flores, dos animais... e xusto ahí falamos das bolboretas. Seguindo co tema tivemos

Técnicas de relaxación!

Gustaríame compartir con vós unha das nosas rutinas. 
Como xa vos comentei noutro apartado deste blogue (Rutinas), logo do recreo acostumamos a relaxarnos escoitando música tranquila cos olliños pechados e baixando as luces. 
Chegamos do recreo acelerados pola actividade e o ruído. Cambiar a unha actividade que require concentración resulta moi complicado, polo que se fai preciso parar e calmarse.
Así, a actividade de relaxarnos con música resulta moi útil, ademais doutras técnicas de relaxación que sempre me deron moi bos resultados. 
Non se trata de actividades

luns, 3 de abril de 2017

Día da Árbore e da Auga!

O pasado 24 de marzo conmemoramos o Día da Árbore e da Auga! Os nenos e nenas de 3º de primaria recorreron as clases presentando a árbore que se plantaría este ano no cole, un ameneiro. Entre todos os neos de 3º chamárono: "O Amigueiro". Contáronnos moitas cousiñas sobre esta árbore e nós estivemos moi atentos!
Tamén lemos un conto moi chulo  "Eva, o trasno e o ameneiro".