Hoxe conmemoramos o día das Letras galegas!!! Fixémolo visitando a exposición de María Victoria Moreno e Arte, e vendo un vídeo na biblio sobre a vida da homenaxeada que fixeron os alumnos de 6º de primaria coa profe Sara.
As letras e o mural grande de María Victoria foron feitos polos nenos e nenas de infantil.
Este martes 15 de maio conmemoramos o Día da Familia!!!! Tíñamos moitas ganas de que chegara este día para preparar e levar para casa os agasallos e así o fixemos. Fixéronos con moito agarimo e quedaron espectaculares!!!
Primeiro os peques estamparon o fondo do lenzo con estrelas de cores. Sacamos
O pasado venres 20 de abril damos o pistoletazo de saída á Semana do Día do Libro 2018 da man de Iago López Santos mestre en educación infantil e contacontos. E de
A Semana pasada conmemoramos a Semana da Prensa e o Día da Muller. Para esto traballamos con xornais, o mércores tivemos unha sesión de contacontos co conto "Daniela Pirata" e o venres fixemos unha tarxeta conmemorativa con xornais. Tras a sesión de contacontos tivemos unha conversa especial de reflexión sobre o conto e persoaxes, sobre qué queriamos ser de maiores...
Ademais pensando no proxecto que estamos a traballar falamos de cal pensabamos que era o animel espiritual de Daniela. Tras falar das características de varios animais, votaron e decidiron que o animal de Daniela era o MAPACHE, de aí a tarxeta.
Hoxe celebramos o Día do Amor e a Amizade. Comezamos lendo un conto especial para este día e falando daquelas cousas de nós que nos fan diferentes, as que nos gustan e as que non tanto. Este conto deu para moito e encantounos!
Logo do recreo puxémonos por parellas e fixemos
Menuda semana de Entroido tivemos!!!
Primeiro tivemos os mandados do Meco e achegámonos ós disfraces tradicionais galegos: Xenareais, Labardeiros, Madamas e Galáns, Peliqueiros, Pantallas e Volantes.
Co que aprendemos fixemos un mural que quedou xenial!!!
Aquí vai unha mostra e un vídeo resumo!