Recordade pinchar sobre os títulos das publicacións ou en "Ler máis" para acceder a todas as imaxes e á información completa.

martes, 26 de decembro de 2017

Decembro co Apalpador!!!

Agardo que esteñades desfrutando das vacacións de Nadal! 


Rematamos o trimestre cunha chea de actividades relacionadas co Nadal.
Comezamos recordando dous libros xeniais que trouxeron Roi e Manuel. Un libro de contos e un de adiviñas. Gustáronnos un montón!!!


Preparamos un mural para a entrada. Cada neno e nena de 4 anos decorou unha letra dunha mensaxe de Nadal.Ademais pintaron con

domingo, 5 de novembro de 2017

Celebramos o Samaín e o Magosto!

O Samaín é unha celebración de orixe celta que o cristianismo reconverteu no Día de Todos os Santos. A tradición celta marca que na última noite do mes de outubro, celébrase a festa do fin da época das colleitas. Así, a noite do 31 de outubro comeza o Ano Novo celta, remata o verán e entra o inverno. Nesta noite as ánimas dos mortos atravesan a porta que separa o mundo dos vivos e dos mortos, e visitan as casas das súas familias para quentarse e tomar algo de alimento.
Doutra banda, atopamos que segundo algunhas crenzas populares, no Magosto comíanse castañas coa satisfacción engadida de que por cada castaña se estaba salvando unha ánima de sufrir no purgatorio!
Esta festa levaba unhas décadas esquecida, pero nos últimos anos está a volverse a recuperar grazas ó  traballo realizado nas escolas e en varios concellos de Galicia.
Pola nosa parte, comezamos cunha exposición con todas as cabazas que decorastes na casa. Sen dúbida traballastes moi duro vendo todo o que chegou o cole!!! Quedaron preciosas e gustáronnos un montón!
 Para decorar o cole, os nenos e nenas de 5º A e B de nfantil fixemos

sábado, 28 de outubro de 2017

DÍA DAS BIBLIOTECAS 2017!

Este ano, dende os Equipos de Biblioteca e de Dinamización da Lingua Galega demos impulso ó Día das Bibliotecas e fixémolo na compaña de Berenguela, a Espiña de Toxo de Manuel María.
Realizamos unha pequena actividade animación na biblioteca do centro para aproximarnos a esta personaxe tan simpática, e decoramos unas medallas conmemorativas deste día. A profe Sara, coordinadora do Equipo de Biblioteca, e un grupo de alumnos de primaria traballaron moi duro e fixérono xenial!


Aquí vos deixo algunhas imaxes da actividade, dos pins e o vídeo.

venres, 1 de setembro de 2017

Xa queda pouco para vernos!!!!

Xa nos vemos prontiñoooooooooo!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!
Amigos, compis doutras clases, mestres e moitas sorpresas están agardándonos!!!!

Xa estou desexando vervos a todos e que me contedes que tal vos foi nas vacacións
Imagen relacionada e ver canto medrastes!  
No cole xa estamos quentando motores preparando todo para vos!
Desfrutade moito destes días de vacacións que quedan e pronto desfrutaremos dun ano xenial no que seguiremos aprendendo, xogando, crecendo e sorprendéndonos xuntos!!!

OLLO, NON VOS QUEDEDES DURMIDOS!!!! 

Imagen relacionadaO luns 11 de setembro comezamos un novo curso, que agardo sexa polo menos tan estupendo como o anterior!  
Recordade que o horario de setembro e xuño é de 9.30 a 14.30. Entre outubro e maio o horario é de 9.30 a 13.30 e de 15.00 a 16.00. Comezamos xa con horario normal e pronto teremos a reunión de comezos de curso.


 Biquiños e apertas para todos!!!
Imagen relacionada

domingo, 25 de xuño de 2017

Idea de repaso!

Como falamos na reunión mandeivos unha folliña plastificada de apoio. Podedes empregar

venres, 23 de xuño de 2017

Feliz verán!!!!

Rematamos e só nos queda desexarvos unhas felices vacacións e bo verán!!!

Día de fin de curso!!!

Rematamos o curso cun día moi ocupado!!!
Comezamos cunha obra de Broadway  "O libro da selva". Seguimos coa festa na aula de cumples e fin de curso. Logo recreo e teatro "Carrapuchiña". Rematamos con xogos!!!
Menudo día!!! Pasámolo moi ben!!!!

O noso bosque das estacións!!!

Esta semana daba comezo o verán a última estación que estudamos. Por iso realizamos unha manualidade das 4 estacións!
Para realizala aproveitamos uns botóns que nos facilitou a familia de ICÍA. Moitas grazas!!!
Na manualidade repasamos as diferenzas entre as estacións e plásmámolas coas cores que formos traballando asociadas ás mesmas.

 O noso bosque!!!

sábado, 17 de xuño de 2017

Un día máxico!!!!

O pasado mércores 14 de xuño tivemos unha saída a un concerto didáctico sobre maxia!!!! Nos días anteriores fixemos un repaso dalgunhas pezas que íamos oír e paramos especialmente en Harry Potter e Fantasía de Disney.

Estivo moi ben e gustounos moito!!!

Logo na clase retomamos un dos vídeos de Harry Potter que nos gustou especialmente.

Visto o vídeo pintamos nas nosas frontes a cicatriz de Harry Potter e xogamos coas nosas variñas máxicas converténdonos en distintos animais! Foi un gran día!


sábado, 3 de xuño de 2017

Saída de 4º de infantil!!!!

Este venres saimos de excursión os nenos de 4º de infantil e pasámolo xenial!
Visitamos o Centro de Interpretación Terras do Miño, situado no paseo do río Rato en Lugo. Alí, faláronnos da importancia de manter un entorno limpo e coidado no que animais e plantas poidan vivir sans e felices.
Coñecemos unha chea de animais que viven na área do Río Miño e xogamos ás adiviñas cun xogo de luces e audicións a escuras.
Rematada esta visita demos unha volta polo paseo do Río Rato atendendo ós arredores para tentar atopar algún dos animais dos que nos falaron. Vimos moitas ras, paxariños, unha lagarta e unha casiña de paxaros nunha árbore!
De volta no Centro de Interpretación mostráronnos un vídeo cunha canción moi chula sobre o coidado da contorna natural.
Cando rematamos xa tiñamos moitísima fame e montamos no bus para ir  un parque xenial no que merendamos e xogamos un bo cacho.

As mestras sentímonos moi orgullosas de todos polo ben que se portaron, o que atenderon e cómo xogaron todos xuntos. Sen dúbida unha experiencia xenial!!!

Déixovos unha montaxe resumo da experiencia. Podedes ampliar na esquina superior dereita e regular a calidade na rodiña de abaixo.
Boa fin de semana a todos!

sábado, 20 de maio de 2017

Letras Galegas 2017!!!


Este ano 2017 as Letras Galegas homenaxean a Carlos Casares. Por esta razón achegámonos a algunhas das súas obras, como "A galiña azul" e "Lolo anda en bicicleta".  
Tivemos unha exposición adicada a Carlos Casares e as Lendas Galegas que se estiveron a traballar no noso centro ó longo deste curso. 
En infantil decoramos un fermoso mural de Carlos Casares entre todos. Ademais desfrutamos da actuación dos alumnos das clases de pandereta. Fixérono xenial!!!


luns, 15 de maio de 2017

DÍA DA FAMILIA!!!

Hoxe 15 de maio celebramos o Día da Familia e quixemos preparar un recordo para levar á casa. Primeiro debuxamos a nosa familia (papis e irmáns). Logo preparamos a casiña: contamos 5 paus, pintámolos coas cores que máis nos gustaban, puxemos pegadas prateadas con bastoncillos das orellas e para rematar pegámolos facendo a forma dunha casiña. 
Agardamos que vos guste o regaliño, xa que, como vos puxemos na etiqueta, está "Feito a man con amor"! Deixamos unha forte aperta para todas as familias neste día tan especial!







xoves, 4 de maio de 2017

Día do Libro!

Este ano conmemoramos o Día do Libro confeccionando unhas manualidades nas que plasmamos varios poemas de GLORIA FUERTES, autora que estamos a traballar este ano.
En 3 anos traballamos o poema "Cómo dibujar una bruja", que escollemos en relación ó proxecto de Malos de Conto. Recollemos nun libriño o poema, e baixo o sombreiro e o caldeiro agachamos algunhas cousas típicas das bruxas.
En 4 anos traballaron o poema "Cómo dibujar un gato", en relación o seu proxecto sobre Exipto e por ser o gato unha elemento destacado na cultura exipcia. Con este poema foi co que máis nos rimos!
E os alumnos de 5 anos traballaron o poema "Cómo dibujar un castillo". Eles están a coñecer multitude de monumentos e edificacións no seu proxecto da Volta o Mundo.

Tamén decoramos uns marcapáxinas de Carlos Casares, o homenaxeado este ano para as Letras Galegas 2017.


xoves, 27 de abril de 2017

PRIMAVERA!

Comezamos este trimestre vestindo a nosa clase para a  PRIMAVERA e quedou moi ben, nótase o que traballaron duro.
Preparamos un mural de primavera moi chulo. Para facer a árbore de primavera engurraron e pegaron papel crepe violeta. Logo plasmaron as súas mans con distintas cores a modo de flores ou follas da árbore.
Ademais fixeron uns paxariños fermosos. Pintaron con témpera rosa o corpo e con laranxa as patiñas. Cortaron as ás  en papel estampado con moito coidado. Pegaron os olliños e papel estampado para facer das plumas da barrigola. Quedaron moi curriños!
Por último dictáronme a palabra "PRIMAVERA" e logo colocamos as letras mentres buscaban palabras coas letras que íbamos pegando sobre a árbore.

Tamén preparamos unhas bolboretas que penduramos na clase. Decoramos e picamos as súas ás. Pegamos papel celofán laranxa, decoramos con rotus de cores as pinzas que fan de corpo e pegamos todo. Quedaron estupendas!

luns, 17 de abril de 2017

Fin da 2ª avaliación!




O último día de cole foi moi especial. Comezamos cun concerto xenial impartido polos profesores da Escola de Música de Outeiro, Rábade e Begonte. Desfrutamos de cancións infantís  e éxitos do momento ademais de poder ver de cerca diversos instrumentos, aprender de que están feitos e escoitar o seu son.

Xa na aula comentamos o concerto e merendamos.
Logo do recreo falamos da estación na que estamos e dos elementos que a compoñen. Falamos do tempo, das flores, dos animais... e xusto ahí falamos das bolboretas. Seguindo co tema tivemos

Técnicas de relaxación!

Gustaríame compartir con vós unha das nosas rutinas. 
Como xa vos comentei noutro apartado deste blogue (Rutinas), logo do recreo acostumamos a relaxarnos escoitando música tranquila cos olliños pechados e baixando as luces. 
Chegamos do recreo acelerados pola actividade e o ruído. Cambiar a unha actividade que require concentración resulta moi complicado, polo que se fai preciso parar e calmarse.
Así, a actividade de relaxarnos con música resulta moi útil, ademais doutras técnicas de relaxación que sempre me deron moi bos resultados. 
Non se trata de actividades

luns, 3 de abril de 2017

Día da Árbore e da Auga!

O pasado 24 de marzo conmemoramos o Día da Árbore e da Auga! Os nenos e nenas de 3º de primaria recorreron as clases presentando a árbore que se plantaría este ano no cole, un ameneiro. Entre todos os neos de 3º chamárono: "O Amigueiro". Contáronnos moitas cousiñas sobre esta árbore e nós estivemos moi atentos!
Tamén lemos un conto moi chulo  "Eva, o trasno e o ameneiro". 


xoves, 23 de marzo de 2017

Día da Muller e Semana da Prensa con Gloria Fuertes!

O pasado 8 de marzo conmemoramos o Día da Muller, e entre as actividades que se realizaron destacan as relacionadas co achegamento a unha escritora moi querida e que se adicou ós nenos con todo tipo de creacións: GLORIA FUERTES.
Coñecemos algúns contos e poesías xeniais, coas adiviñas pasamos un anaco divertido e rimos coas súas rimas!
Como ademais era a Semana da Prensa e estabamos a coñecer os xornais, aproveitamos para crear a nosa propia noticia con GLORIA FUERTES.

sábado, 25 de febreiro de 2017

Entroido!

Este venres celebrámolo Entroido no cole e pasámolo xenial!
Este ano, como sabedes, estamos a desenvolver un proxecto a nivel de centro co que estamos a coñecer as lendas de Galicia.
Así, ó longo deste curso adicámoslle un oco en cada unha das conmemoracións que celebramos. Neste Entroido as lendas chegaron con forza. Aquí vos deixo o vídeo resumo!
(Para ver o vídeo máis grande só tedes que picar na esquina superior dereita. Tamén podedes regular a calidade na rodiña de configuración da parte inferior dereita)

martes, 14 de febreiro de 2017

DÍA DO AMOR E A AMIZADE!

Hoxe día 14 de febreiro é o día de San Valentín, e no cole celebrámolo todos xuntos. Neste día celebramos o AMOR e a AMIZADE. 
Para conmemorar este día tan especial adicámoslle o día de onte e hoxe. Falamos da xente que queremos e apreciamos, falamos da amizade... 
Como nos queremos moito, fixemos unhas manualidades para intercambiarnos entre todos. Trátase duns corazóns nos que puxemos os nosos nomes e nos que deixamos unha pegada dos nosos beizos a modo de bicos. Hoxe decorámolos con puntiños rosas feitos con bastoncillos das orellas.

¡Quedaron moi chulos! Unha vez rematados metémolos todos nunha bolsiña e un por un fomos collendo un. Así cada nenos e nena da clase levou un bico dun compañeiro para a casa.

Déixovos aquí a imaxe por se a queredes copiar e imprimir para regalarlle un bico a alguén. Xa que algúns querían regalarllo tamén a algún familiar ou outros amigos fóra do cole.
Hoxe ademais vimos o vídeo da fábula do “El León  y el Ratón” que nos gustou moito, sobre todo cando o reproducimos con marionetas recordando o que viramos. Falamos do importante que é ter amigos, de qué fan os amigos por nós, de que hai que ser agadecido, de que hai que coidalos... 
Resultado de imagen de crocodilo namoradoPero co que mellor o pasamos e máis rimos, foi coa sesión de contacontos e marionetas do “Crocodilo namorado”.
Para esta actividade xuntámonos cos compis da clase da profe Marta, ¡e pasámolo xenial!

domingo, 5 de febreiro de 2017

Día da Paz!

Este pasado luns celebramos o Día da Paz!
Para conmemoralo decoramos a entrada facendo unha fermosa cadea  moi especial con bonequiños de cada neno que eles mesmos decoraron. Na entrada podedes ver os de todo o alumnado e profesorado de infantil.


Os nenos e nenas de 4º de infantil decoremos unhas pombiñas coas nosas mans que quedaron moi chulas!

Ademais tivemos unha actividade especial con marionetas do conto "La ovejita que vino a cenar", que xusto trouxeron neses días para o recanto de "Malos de Conto" Claudia e Mateo!
Foi unha actividade internivel, e no noso caso, compartida cos nenos e nenas de 5 anos da clase da profe Mª Luisa e coa axuda da profe de apoio Katia.
Pasámolo moi ben e rimos un montón!
Para rematar decoramos a nosa aula cos personaxes deste fermoso conto. Cada neno decorou unha ovelliña pintándoa e pegándolle algodón. Entre todos pintamos un lobo famento con acuarelas. Logo puxémolos pola clase. Quedou moi chulo!

domingo, 29 de xaneiro de 2017

INVERNO

Levamos un tempiño traballando a estación de INVERNO e os cambios que sofre a contorna co cambio de OUTONO a INVERNO: frío, roupa, vexetación, animais, cores, alimentos...
Decidimos que tiñamos que cambiar o noso mural de OUTONO a INVERNO e entre todos pensamos que debía ter neve, un boneco de neve, alguén con roupa propia do inverno e un letreiro da estación.
Como nos gusta moito o conto de "LAS ESTACIONES DE POPY" pensamos que era boa idea poñer a POPY con roupa de inverno no mural. Pintámolo con pincel e puxémoslle unha bufanda e un gorro abrigoso. 
Fixemos tamén un boneco de neve con bufanda e sombreiro que decoramos entre todos con témpera sólida.
 Fixemos tamén “churros” con papel de laranxa para facer os brazos.
Modelamos unha nariz afiada con plasti laranxa.
Fixemos ademais uns botóns ós que lles puxemos os números: 1, 2, 3. Xogamos a ordenalos e colocámolos na barrigola do boneco de neve.
Logo cada un pintou un copo de neve de cor azul, pegoulle algodón e botoulle brillantina. 
Para rematar entre todos fixemos as sons das letras de INVERNO, logo ordenáronas para que puxera inverno e fóronmas dando para colocalas en orde a modo de cartel do noso mural.

Pode que engadamos máis cousiñas, pero xa está moi chulo!


venres, 13 de xaneiro de 2017

Regaliños de Nadal!!!

Este luns voltamos ás clases e atopamos unha sorpresiña especial. Nun recanto da clase había uns detalliños que nos deixaron entre os Reis Magos, Papá Noel e o Apalpador. Trouxeron xoguetiños novos para os nosos rincóns e encántannos!