Menudo día de celebración tivemos o xoves!!!
Como non estaremos xuntos en fin de ano, decidimos celebralo xuntos o xoves! Para iso puxémonos ben arregladiños e todos saímos ó patio. Alí,
Recordade pinchar sobre os títulos das publicacións ou en "Ler máis" para acceder a todas as imaxes e á información completa.
venres, 21 de decembro de 2018
xoves, 20 de decembro de 2018
Decoracións de Nadal
En Relixión, entre outras cousas prepararon uns bonecos de Papá Noeis e en alternativa uns Apalpadores.
O Apalpador encántalles, e por petición popular, decidimos escribir
O Apalpador encántalles, e por petición popular, decidimos escribir
mércores, 5 de decembro de 2018
Contacontos con Verónica Eiravella: Enamorados (Día Contra a Violencia de Xénero)
Hoxe desfrutamos dunha activiadde especial relacionada coa conmemoración do Día contra a violencia de xénero.
Nesta sesión de contacontos, Verónica contounos e dramatizounos o conto de "Enamorados" (déixovolo máis abaixo). Tivemos a sorte de que ter esta actividade cos compis de 5º e 6º de infantil.
Foi moi divertida a forma de contalo e representalo. Nesta historia reflexiónase sobre cómo "querernos ben" e cómo se reacciona ás veces en certas situacións. Foi moi interesante e desfrutamos moito.
Ademais tróuxonos regaliños de recordo: piruletas e globos con forma de corazón!
Etiquetas:
CEIP LAVERDE RUIZ,
conmemoracións,
contacontos,
educación emocional,
visítannos
luns, 3 de decembro de 2018
Día internacional das persoas con diacapacidade
xoves, 29 de novembro de 2018
Día Internacional das persoas con discapacidade!
O 3 de decembro conmemoraremos o Día Internacional das Persoas con Discapacidade.
Reflexionamos sobre as cousas que nos diferencians uns de outros, sobre as cousas que temps en común, sobre os retos que teñen algunhas persoas e cómo os afrontan... Foi moi interesante!
Con motivo desta conmemoración, hoxe saímos ó patio todos xuntos para cantar a canción "Todos distintos, todos iguais" do CEIP ANTONIO FERNANDEZ LOPEZ de Oural, Sarria. Ensaiamos moito nas aulas e desfrutamos moito preparándonos!
Etiquetas:
actuación,
CEIP LAVERDE RUIZ,
conmemoracións,
educación emocional,
música
luns, 26 de novembro de 2018
Día Contra a Violencia de Xénero!
Este ano para comenmorar o Día Contra a Violencia de Xénero realizamos varias actividades. Comezamos participando nun mural a nivel de centro. Plasmamos as nosas mans para simular a plumaxe dun páxaro. Trátase dunha iniciativa do CEIP Aquilino Iglesia Alvariño. Tratábase de fa
Etiquetas:
CEIP LAVERDE RUIZ,
conmemoracións,
contacontos,
educación emocional
Día dos Dereitos do Neno!
Este ano para conmemorar o Día dos Dereitos do Neno (20 de novembro), coñecémolos detidamente.
Escoitamos e analizamos varias cancións que nos falaban deles e reflexionamos sobre o tema.
Logo ó lon
Etiquetas:
CEIP LAVERDE RUIZ,
conmemoracións,
educación emocional,
música
venres, 16 de novembro de 2018
MAGOSTO!!!
Hoxe celebramos o Magosto no cole e pasámolo moi ben!
Por sorte para nós, os nenos maiores da profe Cris viñeron axudarnos a abrir as castañas, e este ano estaban boas case todas!!! Moitas grazas por colaborar traéndoas!
Para comer, xuntámonos os nenos das dúas clases de 5 anos e foi estupendo. Algúns compis non quixeron comer castañas ou fartáronse rápido e preferiron xogar un rato coas cousas do recanto de biblioteca e de plasti. Foi xenial pasar a tarde todos xuntos!
Ademáis fixemos unha manualidade de recordo. Trátase dunha
Etiquetas:
CEIP LAVERDE RUIZ,
conmemoracións,
estacións,
festa,
manualidades
mércores, 31 de outubro de 2018
UN SAMAÍN TERRORÍFICO!!!
Na entrada de hoxe veredes todas as actividades relacionadas co Samaín deste ano, e son unha pila. Así que preparádevos que comezamos!
Hoxe tivemos a celebración oficial do Samaín, pero todo comezou hai un par de semanas cando ROI nos falou de OTZI!
Explicounos que OTZI é unha MOMIA real que atoparon en Italia e Roi coñecía un montón de datos.
Por sorte para nós, cando a familia de Roi nos visitou a semana pasada para realizar unha presentación para o proxecto da luz, aproveitaron para falarnos máis polo miúdo desta momia.
Explicáronnos quén era OTZI, cómo vivía, vestía e cómo morreu hai tantísimo tempo. Faláronnos de que viviu hai 4000 anos e que quedou conxelado cando fuxía dos seus enimigos xunto coas súas pertenzas. Quedou conservado como MOMIA ata que o descubriron uns alpinistas. Parece que OTZI tiña o corpo cuberto por varios TATUAXES e levaba un GORRO de pel de OSO, roupa e calzado de fibra vexetal e pel.
Ademáis trouxéronnos un libro que nos deixaron prestado para que puideramos velo con calma.
Encantounos saber máis desta momia real!
Logo, pouco a pouco fomos decorando. Así, preparamos a nosa porta de castelo con OLLOS terribles.
Fixemos un pequeno mural dunha BRUXA co seu GATO e acompañada dunha PANTASMA e unha CABAZA!
E fixeron unha manualidade que levaron xa para a casa dun GATO NEGRO que quedou estupendo!
Grazas a vosa colaboración tamén decoramos a entrada de infantil cunha chea de cabazas que vos quedaron espectaculares!
Xunto con estras supercabazas, colgamos as cabaciñas de todos e quedou unha entrada fermosa de Samaín!!!
A profe MARTA de Audición e Linguaxe continúa co Programa de Estimulación da Linguaxe e esta semana sorprendeunos co MONSTRO COMEMEDOS!!!
Cada un leu con pictogramas un texto sinxelo que completaron debuxando os seus medos. Logo un por un explicaron os seus medos e déronllos de comer ó mostro. Ó falalo e darllos de comer xa eran menos medos!
E hoxe por fin xa era o día grande de Samaín no cole!!! Todos viñan caracterizados e terroríficos!
Nesta xornada tivemos unha chea de contos de Samaín.
NEREA quixo deixar para hoxe o seu conto "LA CASA ENCANTADA" e contouno moi ben!
THIAGO pola súa parte trouxo un conto simpatiquisimo que nos encantou: "EL VAMPIRO EDELMIRO".
E MANUEL conotunos un conto con lanternas moi chulo que aínda que era de SAMAÍN, DEMOS EN RIR UN MONTÓN!!!
Os 3 fixérono xenial!!!
O conto de "CORRE, CORRE, CABACIÑA" foi o elixido como protagonistanesta ocasión para infantil, como xa sabedes pola manualidade tan chula que preparastes. Así, hoxe contámolo e cómo nos gusta este conto!!! NADIA sorprendeunos co ben que o sabía e deixounos pampos cos detalles.
Logo, todos xuntos bailamos a canción.
Como a saben bastante ben quixeron gravala para vós. Saíulles moi ben aínda que lles deu algo de vergoña. (Seleccionade a calidade e sinto tantas vibracións!)
E por se fora pouco BELA tróuxolles un agasallo ós compis, unhas PANTASMAS ricas ricas que mandamos para papar na casa!
Só nos queda desexarvos un Samaín de infarto con estas poses terríbles... bueno non todas moi terribles ;)
Etiquetas:
CEIP LAVERDE RUIZ,
conmemoracións,
contacontos,
educación emocional,
manualidades,
música,
xogos
domingo, 28 de outubro de 2018
DÍA DAS BIBLIOTECAS 2018!!!
O pasado mércore 24 de outubro conmemoramos o Día das Bibliotecas!!!! Para esta conmemoración todos traballamos contos relacionados co OUTONO e xuntámonos con outras clases.
Nós tivemos unha sesión de contacontos con títeres do conto "XAIME E AS LANDRAS" e xuntámonos cos nenos de 5º de infantil da profe Carmen. Pasámolo moi ben e logo decoramos unha MEDALLA co tema do conto. Foron moi orixinais!!! Levaron
Etiquetas:
CEIP LAVERDE RUIZ,
conmemoracións,
contacontos,
educación ambiental,
estacións,
manualidades
martes, 23 de outubro de 2018
VALERIA XA É IRMÁ MAIOR!!!
O pasado venres VALERIA presentounos a MANUEL, menuda sorte que se animaran a vir visitarnos. Encantounos coñecelo e enriba contestaron unhas cantas preguntiñas. O mellor de todo é que nos deixaron achegarnos.
Etiquetas:
CEIP LAVERDE RUIZ,
educación emocional,
experiencias,
visítannos
NEREA E A VENDIMIA!!!
NEREA sorpréndenos ooa súa experiencia na VENDIMIA!!! Veunos xenial o estar falando estos días da estación de outono na que nos atopamos.
Explicounos estupendamente cómo recollían as uvas e o que facían con elas. Ademais trouxo fotos que
Etiquetas:
CEIP LAVERDE RUIZ,
educación emocional,
estacións,
experiencias
martes, 2 de outubro de 2018
ALTERNATIVA!
Que facemos en alternativa á relixión?
Pois de todo! A través de distintas actividades traballamos valores, tratamos conflitos habituais, traballamos a motricidade fina, a capacidade de observación e de escoita ó tempo que aprendemos a explicarnos, traballamos a memoria, a creatividade, coñecémonos, fortalecemos lazos e a autoestima...
Acostumamos partir de contos e cancións e rematamos con puzzles, plasti, cantando, facendo xogos de cambio de rol, teatralizando historias...
Aquí algunhas imaxes;)
Pois de todo! A través de distintas actividades traballamos valores, tratamos conflitos habituais, traballamos a motricidade fina, a capacidade de observación e de escoita ó tempo que aprendemos a explicarnos, traballamos a memoria, a creatividade, coñecémonos, fortalecemos lazos e a autoestima...
Acostumamos partir de contos e cancións e rematamos con puzzles, plasti, cantando, facendo xogos de cambio de rol, teatralizando historias...
Aquí algunhas imaxes;)
Etiquetas:
CEIP LAVERDE RUIZ,
contacontos,
educación emocional,
lectoescritura,
manualidades,
música,
xogos
martes, 11 de setembro de 2018
Novo curso 18-19!!!!
Agardo que desfrutarades un montón das vacacións e cargarades as
pilas para este último curso en infantil... crecen rapidísimo!!!
martes, 26 de xuño de 2018
Fin de curso!!
Rematamos o curso cunha obra de teatro dos nenos e nenas que van a esta actividade e con festa nas aulas!!!
Etiquetas:
CEIP LAVERDE RUIZ,
educación emocional,
festa,
xogos
mércores, 20 de xuño de 2018
Convivencia enSanta Isabel!!!
Voltamos dando un paseo! |
Menudo fin de curso!!!! O día de convivencia foi todo un éxito grazas a colaboración de todos! Tivemos un día de xogos do máis entretido comemos e decidimos voltar dando un paseo. En infantil
Etiquetas:
CEIP LAVERDE RUIZ,
educación ambiental,
educación emocional,
festa,
relaxación,
saídas,
xogos
martes, 19 de xuño de 2018
Visita de Icía!!!
Hoxe tivemos de visita de Icía!!!
Botárona moito de menos este curso e pasaron todo o ano preguntado por ela e cándo volvía. Así, esta visita foi moi desexada por todos! Xogaron un montón e déronlle unha gran aperta!
Moitas grazas a Marta por traela a vernos!
domingo, 17 de xuño de 2018
Concerto didáctico!
O pasado mércores acudimos a un concerto didáctico no Gustavo Freire de Lugo titulado como a "Volta o mundo en 80 notas". Foi moi entretido e pasamo moi bo rato!
Etiquetas:
CEIP LAVERDE RUIZ,
música,
saídas
venres, 8 de xuño de 2018
Tradescola!!!!
Menuda sorte que nos visitaron da TRADESCOLA para un concerto didáctico!
Visitáronnos e achegáronnos a distintos instrumentos, ritmos e melodías tradicionais. Como sempre, encantounos!!!
Etiquetas:
CEIP LAVERDE RUIZ,
música,
visítannos
mércores, 16 de maio de 2018
Letras Galegas 2018!!!
Hoxe conmemoramos o día das Letras galegas!!! Fixémolo visitando a exposición de María Victoria Moreno e Arte, e vendo un vídeo na biblio sobre a vida da homenaxeada que fixeron os alumnos de 6º de primaria coa profe Sara.
As letras e o mural grande de María Victoria foron feitos polos nenos e nenas de infantil.
Logo tivemos a actuación
Etiquetas:
actuación,
CEIP LAVERDE RUIZ,
conmemoracións,
educación emocional,
manualidades,
música,
visítannos
Día da Familia 2018!!!
Este martes 15 de maio conmemoramos o Día da Familia!!!! Tíñamos moitas ganas de que chegara este día para preparar e levar para casa os agasallos e así o fixemos. Fixéronos con moito agarimo e quedaron espectaculares!!!
Primeiro os peques estamparon o fondo do lenzo con estrelas de cores. Sacamos
Etiquetas:
CEIP LAVERDE RUIZ,
conmemoracións,
educación emocional,
manualidades
venres, 27 de abril de 2018
Semana do Libro 2018!!!
O pasado venres 20 de abril damos o pistoletazo de saída á Semana do Día do Libro 2018 da man de Iago López Santos mestre en educación infantil e contacontos. E de
mércores, 18 de abril de 2018
SAÍDA Á CASA DA TERRA!!!!
Onte tivemos unha fantástica excursión á Casa da Terra de Antas de
Ulla!!!
Chegamos emocionados e atopamos
un lugar fermoso no que coñecemos a tres indias moi
Etiquetas:
CEIP LAVERDE RUIZ,
educación ambiental,
educación emocional,
saídas,
xogos
luns, 12 de marzo de 2018
Semana da Prensa e Día da Muller!!!
A Semana pasada conmemoramos a Semana da Prensa e o Día da Muller. Para esto traballamos con xornais, o mércores tivemos unha sesión de contacontos co conto "Daniela Pirata" e o venres fixemos unha tarxeta conmemorativa con xornais. Tras a sesión de contacontos tivemos unha conversa especial de reflexión sobre o conto e persoaxes, sobre qué queriamos ser de maiores...
Ademais pensando no proxecto que estamos a traballar falamos de cal pensabamos que era o animel espiritual de Daniela. Tras falar das características de varios animais, votaron e decidiron que o animal de Daniela era o MAPACHE, de aí a tarxeta.
Abaixo podedes velos no
Etiquetas:
CEIP LAVERDE RUIZ,
conmemoracións,
contacontos,
educación emocional,
manualidades
venres, 16 de febreiro de 2018
Día do Amor e a Amizade!!!
Hoxe celebramos o Día do Amor e a Amizade. Comezamos lendo un conto especial para este día e falando daquelas cousas de nós que nos fan diferentes, as que nos gustan e as que non tanto. Este conto deu para moito e encantounos!
Logo do recreo puxémonos por parellas e fixemos
Logo do recreo puxémonos por parellas e fixemos
Etiquetas:
CEIP LAVERDE RUIZ,
conmemoracións,
educación emocional,
manualidades
Entroido 2018!!
Menuda semana de Entroido tivemos!!!
Primeiro tivemos os mandados do Meco e achegámonos ós disfraces tradicionais galegos: Xenareais, Labardeiros, Madamas e Galáns, Peliqueiros, Pantallas e Volantes.
Co que aprendemos fixemos un mural que quedou xenial!!!
Aquí vai unha mostra e un vídeo resumo!
Primeiro tivemos os mandados do Meco e achegámonos ós disfraces tradicionais galegos: Xenareais, Labardeiros, Madamas e Galáns, Peliqueiros, Pantallas e Volantes.
Co que aprendemos fixemos un mural que quedou xenial!!!
Aquí vai unha mostra e un vídeo resumo!
Etiquetas:
actuación,
CEIP LAVERDE RUIZ,
conmemoracións,
entroido,
manualidades
mércores, 31 de xaneiro de 2018
Día da Paz 2018!!!
Onte 30 de xaneiro celebramos no cole o día Paz.
Comezamos a traballar esta conmemoración a semana pasada decorando entre todo infantil un fermoso mural. Trátase dunha reprodución
Etiquetas:
CEIP LAVERDE RUIZ,
conmemoracións,
contacontos,
educación emocional,
manualidades
luns, 22 de xaneiro de 2018
Voltamos!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)