Recordade pinchar sobre os títulos das publicacións ou en "Ler máis" para acceder a todas as imaxes e á información completa.

mércores, 16 de maio de 2018

Día da Familia 2018!!!

Este martes 15 de maio conmemoramos o Día da Familia!!!! Tíñamos moitas ganas de que chegara este día para preparar e levar para casa os agasallos e así o fixemos. Fixéronos con moito agarimo e quedaron espectaculares!!!
Primeiro os peques estamparon o fondo do lenzo con estrelas de cores. Sacamos

venres, 27 de abril de 2018

Semana do Libro 2018!!!

axente riciños- hematocrito-9788491210559
O pasado venres 20 de abril damos o pistoletazo de saída á Semana do Día do Libro 2018 da man de Iago López Santos mestre en educación infantil e contacontos. E de

mércores, 18 de abril de 2018

SAÍDA Á CASA DA TERRA!!!!

Onte tivemos unha fantástica excursión á Casa da Terra de Antas de Ulla!!!
Chegamos emocionados e atopamos un lugar fermoso no que coñecemos a tres indias moi

luns, 12 de marzo de 2018

Semana da Prensa e Día da Muller!!!

Resultado de imagen de daniela pirata
A Semana pasada conmemoramos a Semana da Prensa e o Día da Muller. Para esto traballamos con xornais, o mércores tivemos unha sesión de contacontos co conto "Daniela Pirata" e o venres fixemos unha tarxeta conmemorativa con xornais. Tras a sesión de contacontos tivemos unha conversa especial de reflexión sobre o conto e persoaxes, sobre qué queriamos ser de maiores...

Ademais pensando no proxecto que estamos a traballar falamos de cal pensabamos que era o animel espiritual de Daniela. Tras falar das características de varios animais, votaron e decidiron que o animal de Daniela era o MAPACHE, de aí a tarxeta.
Abaixo podedes velos no

venres, 16 de febreiro de 2018

Día do Amor e a Amizade!!!

Resultado de imagen de te quiero casi siempreHoxe celebramos o Día do Amor e a Amizade. Comezamos lendo un conto especial para este día e falando daquelas cousas de nós que nos fan diferentes, as que nos gustan e as que non tanto. Este conto deu para moito e encantounos!
Logo do recreo puxémonos por parellas e fixemos

Entroido 2018!!

Menuda semana de Entroido tivemos!!!
Primeiro tivemos os mandados do Meco e achegámonos ós disfraces tradicionais galegos: Xenareais, Labardeiros, Madamas e Galáns, Peliqueiros, Pantallas e Volantes.
Co que aprendemos fixemos un mural  que quedou xenial!!!
Aquí vai unha mostra e un vídeo resumo!

mércores, 31 de xaneiro de 2018

Día da Paz 2018!!!

 Onte 30 de xaneiro celebramos no cole o día Paz. 
Resultado de imagen de oso cazamariposas
Comezamos a traballar esta conmemoración a semana pasada decorando entre todo infantil un fermoso mural. Trátase dunha reprodución

luns, 22 de xaneiro de 2018

Voltamos!

Imaxino que xa vos contarían os cativos que á volta de Nadal tiñamos unha mensaxe de PAPÁ NOEL, APALPADOR e REIS MAGOS e uns

martes, 26 de decembro de 2017

Decembro co Apalpador!!!

Agardo que esteñades desfrutando das vacacións de Nadal! 


Rematamos o trimestre cunha chea de actividades relacionadas co Nadal.
Comezamos recordando dous libros xeniais que trouxeron Roi e Manuel. Un libro de contos e un de adiviñas. Gustáronnos un montón!!!


Preparamos un mural para a entrada. Cada neno e nena de 4 anos decorou unha letra dunha mensaxe de Nadal.Ademais pintaron con

domingo, 5 de novembro de 2017

Celebramos o Samaín e o Magosto!

O Samaín é unha celebración de orixe celta que o cristianismo reconverteu no Día de Todos os Santos. A tradición celta marca que na última noite do mes de outubro, celébrase a festa do fin da época das colleitas. Así, a noite do 31 de outubro comeza o Ano Novo celta, remata o verán e entra o inverno. Nesta noite as ánimas dos mortos atravesan a porta que separa o mundo dos vivos e dos mortos, e visitan as casas das súas familias para quentarse e tomar algo de alimento.
Doutra banda, atopamos que segundo algunhas crenzas populares, no Magosto comíanse castañas coa satisfacción engadida de que por cada castaña se estaba salvando unha ánima de sufrir no purgatorio!
Esta festa levaba unhas décadas esquecida, pero nos últimos anos está a volverse a recuperar grazas ó  traballo realizado nas escolas e en varios concellos de Galicia.
Pola nosa parte, comezamos cunha exposición con todas as cabazas que decorastes na casa. Sen dúbida traballastes moi duro vendo todo o que chegou o cole!!! Quedaron preciosas e gustáronnos un montón!
 Para decorar o cole, os nenos e nenas de 5º A e B de nfantil fixemos